Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Maio 2024.

Manifestación do persoal de Navantia polo convenio e o plan industrial

    Traballadoras e traballadores de Navantia manifestáronse este mércores para denunciar a falta de avances tanto na negociación do convenio como no que respecta ao plan industrial.

    21/06/2023.
    Manifestación do persoal de Navantia (21/6/2023)

    Manifestación do persoal de Navantia (21/6/2023)

    A manifestación comezou ás 8:15 da mañá no estaleiro de Ferrol e rematou en Freixeiro, xa en Narón. Así mesmo, o persoal do estaleiro de Fene convocou de 11 a 12 horas unha concentración na porta das Pías.

    Miguel Pol, secretario xeral da sección sindical de CCOO de Navantia-Ferrol, explica que na reunión de onte en Madrid a empresa «detallou algúns investimentos, pero non se concretaron». Ademais, tampouco se garantiu un aumento da carga de traballo.

    O sindicalista tamén critica que a dirección de Navantia dea por feito que o plan industrial se podería asinar «en días», malia que debe ser analizado e debatido primeiro polos sindicatos. «E iso non pode ser se o único que poñen na mesa son posibilidades» en vez de certezas, reprocha.

    O voceiro de CCOO advirte que o sindicato ten «moi pouca confianza» nunha dirección que leva xa catro anos incumprindo o último plan industrial.