Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Maio 2025.

CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Sanxenxo

    Aumenta en dous delegados/as máis a súa representación no Concello de Sanxenxo e afianza o primeiro posto entre o persoal funcionario e laboral. 

    28/06/2023.
    EESS Concello de Sanxenxo

    EESS Concello de Sanxenxo

    Os resultados logrados por CCOO significan «a consolidación dun espazo sindical que implica unha responsabilidade importante», sinalan desde o sindicato comarcal da Federación de Servizos á Cidadanía de Pontevedra. O resultado é especialmente relevante «debido á grande atomización, con múltiplas candidaturas».

    CCOO agradécelle ao persoal do Concello de Sanxenxo a súa participación nestas eleccións sindicais e, de xeito moi particular, ás persoas que apoiaron a lista de Comisións Obreiras.

    CCOO continuará traballando «desde posicións coherentes, rigorosas e realistas», presentando «propostas razoadas e actuando sen hipotecas nin ataduras con ninguén» para ser un referente sindical «en positivo» que procure solucións ás reivindicacións laborais.

    Resultados

    Tras as eleccións, o comité de empresa e a xunta de persoal quedan compostos polos seguintes delegados e delegadas:

    Laborais:

    • CCOO 4
    • INDEPENDIENTES 2
    • CSIF 2
    • CIG 1

    Funcionarios:

    • CCOO 2
    • CSIF 1

    CCOO sobe dous delegados/as con respecto ás anteriores eleccións.

    CIG baixou nun delegado.