Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Maio 2024.

Novidades sobre a corresponsabilidade e a conciliación no Estatuto das persoas traballadoras e no Estatuto básico das persoas empregadas públicas

    O Gabinete de Igualdade de CCOO resume na folla informativa que se anexa a esta nota as novidades en conciliación e corresponsabilidade que afectan ao Estatuto das persoas traballadoras e no Estatuto básico das persoas empregadas públicas

    04/07/2023.
    Conciliación e corresponsabilidade | Foto: RH

    Conciliación e corresponsabilidade | Foto: RH

    O RDL 5/2023, de 28 de xuño, trae novidades canto aos permisos retribuídos e non retribuídos por causas como a hospitalización de familiares, o rexistro de parellas de feito, o coidado de fillos ou fillas a cargo ou o coidado de dependentes a cargo, entre outros.

    Asemade, amplíase a protección fronte ao trato discriminatorio das persoas traballadoras que se acollan a estes permisos.