Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 3 Maio 2024.

Programa Bono Concilia Familia (2023)

    A Consellería de Política Social e Xuventude acaba de publicar no DOG nº 126 (martes, 4 de xullo de 2023) as axudas anuais para a conciliación das familias en períodos de necesidade por enfermidade ou vacacións. A seguir, resumimos o máis destacado destas axudas, que se outorgan ata finalizar o orzamento.

    05/07/2023.
    Información sobre o Bono Concilia Familia (2023)

    Información sobre o Bono Concilia Familia (2023)

    Esta axuda destínase ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiroe o 8 de setembro de 2023.

    A orde recolle o que se entende por períodos de vacacións escolares:

    — do 1 ao 6 de xaneiro

    — os días 20, 21 e 22 de febreiro

    — do 3 ao 10 de abril

    — do 22 de xuño ao 8 de setembro

    A axuda destínase a pais/nais e persoas titoras de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou apersoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos a nenas ou nenos que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e estean nos supostos seguintes:

    — Que o neno ou a nena sexa menor de trece anos no momento en que se produce o suposto para o cal se solicita a axuda.

    — Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida estean efectivamente traballando, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena como por necesidades en períodos de vacacións escolares.

    Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente e, nestes casos, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.

    Prazos

    O prazo de presentación de solicitudes comezará comeza hoxe, 5 de xullo, e finalizará o día 15 de setembro de2023.