Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Maio 2025.

Participa na mobilización e multiplicación do voto para seguir tecendo a democracia

    08/07/2023.
    Vota 23J

    Vota 23J

    Desde Comisións Obreiras temos claro que a democracia é o que facemos. Facémola a diario nos centros de traballo, nas rúas e nas institucións. Tecemos a democracia acotío mobilizando os traballadores e traballadoras, chegando a acordos a través do diálogo social e impulsando a negociación colectiva. Por iso este 23 de xullo queremos que toda a nosa afiliación participe na mobilización e multiplicación do voto para seguir tecendo a democracia. Por iso, sumámonos á campaña electoral para pedir a toda a nosa afiliación que vaia votar e anime no seu círculo próximo a que tamén o fagan, con convicción, con orgullo e con moita conciencia de clase. 

    Axúdanos a seguir tecendo a democracia este 23X. Únete a #MultiplicaTuVoto e saca as túas amigas e familiares ás urnas o 23 de xullo. Entra en vota23j.org (http://vota23j.org/) e contámosche como.