Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

🗣️CCOO advirte ao Alcalde de Ourense, "se quere un outono quente o vai a ter"

    O sindicato CCOO do Concello de Ourense denuncia malestar entre o persoal que traballa no Concello pola nova saída de ton do Alcalde, Gonzzalo Pérez Jacome,contra os traballadores e traballadoras.

    18/07/2023.
    Pérez Jacome, Alcalde Ourense

    Pérez Jacome, Alcalde Ourense

    A sección sindical de CCOO do Concello de Ourense advirte de posibles protestas entre os funcionarios municipais ante as “novas faltas de respecto” do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen os chamou “vagos e incompetentes” a pasada semana.

    Os delegados e delegadas iniciarán unha rolda de visitas polos diversos servizos para “estudar” se convocan concentracións ou, mesmo, folga: “Se quere un outono quente, imos ter”, avisa. a representación laboral.

    Persoal eventual, persoal de grupos políticos, asesores e RPT.

    CCOO, así como outros sindicatos, esperan que a auditoría laboral amplíese “ao persoal eventual, persoal de grupos políticos e asesores”.

    Ademais, como leva solicitando CCOO, desde hai máis de 8 anos e concretamente hai 15 días, UNHA NOVA RPT, sobre todo para valorar o excelente traballo dos funcionarios.

    As SENTENZAS XUDICIAIS, confirman que hai valorar todas as funcións que fan os nosos compañeiros e compañeiras, é dicir Reclasificación DE PRAZAS, inclusión dos PLUSES no ESPECÍFICO, a implantación da CARREIRA PROFESIONAL, a inclusión do complemento de ATENCIÓN AO PÚBLICO, así como modificar o REGULAMENTO DA RPT.