Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Maio 2025.

Folga indefinida en Metalships contra os despedimentos e o desmantelamento do estaleiro

    CCOO denuncia o despedimento de varios traballadores, incluídos membros do comité de empresa, no estaleiro vigués Metalships. Estas rescisións de contrato estanse a producir en plenas negociacións do convenio colectivo.

    21/08/2023.
    Instalacións de Metalships en Vigo

    Instalacións de Metalships en Vigo

    Segundo CCOO, a conduta «represiva e antisindical» da empresa «non é nova», pois xa o ano pasado «despediu o presidente do comité de empresa mais outro compañeiro».

    Con estes novos despedimentos, xa son «máis de 25» os traballadores cuxos contratos foron rescindidos «desde a chegada do novo CEO a Metalships», denuncia CCOO, que critica a «especulación e desmantelamento» da empresa.

    Como protesta, na mañá o luns, traballadores do estaleiro vigués concentráronse diante do centro de traballo en solidariedade coas persoas despedidas. Posteriormente, o comité de empresa acordou folga indefinida para rexeitar o que cualifica como «desmantelamento» do estaleiro.