Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Maio 2025.

Amelia Pérez: «É intolerable a externalización das interrupcións voluntarias do embarazo»

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, foi entrevistada pola Cadena SER con motivo da decisión do sindicato de denunciar perante a valedora do pobo o contrato público da Xunta para a realización de abortos en centros privados.

    31/08/2023.
    Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

    Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

    Para a dirixente sindical, a pretensión da Xunta é «intolerable», máis aínda «cando se difraza na ausencia de recursos» para a prestación do servizo nos hospitais públicos.

    En opinión de Amelia Pérez, os recursos públicos que a Xunta pretende destinar para os centros privados permitirían dotar de máis recursos a rede propia do Sergas.

    Por tras desta decisión do Goberno galego «hai unha cuestión ideolóxica, unha cuestión de non garantir algo tan importante como os dereitos das mulleres», censurou Pérez.

    Segundo os datos divulgados pola propia Administración, seis de cada dez interrupcións voluntarias teñen lugar na rede pública. Polo tanto, a suposta ausencia de recursos «pódese suplir perfectamente» co investimento que CCOO leva tempo reclamando para toda a sanidade pública, pois a licitación da Xunta, coas prórrogas previstas, «podería ir aos catro millóns de euros e con ese diñeiro pódense facer bastantes contratacións».

    Audios asociados

    Entrevista á secretaria xeral de CCOO na Cadena SER (30/8/2023)