Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Maio 2025.

Sindicalismo, educación e sociedade en clave feminista

    A Unión Comarcal de CCOO de Vigo organiza o vindeiro venres, 8 de setembro, unha nova edición da Xornada Sindical da Muller, este ano so o título 'Sindicalismo, educación e sociedade en clave feminista'. Terá lugar a partir das 9 da mañá no Hotel Coia.

    05/09/2023.
    Sindicalismo, educación e sociedade en clave feminista

    Sindicalismo, educación e sociedade en clave feminista

    Abrirá o encontro a secretaria comarcal de Muller e Igualdade, Puri Bernárdez, ao tempo que a concelleira de Igualdade de Vigo, Ana Laura Iglesias, dará o saúdo institucional de benvida.

    A primeira intervención, «Análise da sociedade con perspectiva de xénero», correrá a cargo de Puri Bernárdez. A seguir tomará a palabra Carmen Heredero, da FE-CCOO, para abordar a perspectiva de xénero no ámbito educativo e a súa presenza no currículo escolar.

    Despois dunha pausa, será a vez dunha intervención da Secretaría de Igualdade Confederal de CCOO sobre os avances logrados en materia de igualdade e dos retos aínda pendentes.

    Pola tarde proxectarase o filme La boda de Rosa, de Iciar Bollaín, e ao termo haberá un debate. Finalmente, pecharase a xornada.