Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

O persoal de limpeza de Correos denuncia os impagamentos

    O persoal de SCT ACVA SL (Limpiezas Córdoba), concesionaria do servizo de limpeza das oficinas de Correos, comezou esta semana unha folga indefinida para reclamar o pagamento dos salarios. Ademais de concentracións diante dos centros de traballo, para o vindeiro mércores, 13 de setembro, manifestaranse a partir das 11 horas desde a oficina principal da Coruña.

    08/09/2023.
    Concentración do persoal da concesionaria da limpeza de Correos fronte á oficina postal da rúa do Franco, en Santiago de Compostela

    Concentración do persoal da concesionaria da limpeza de Correos fronte á oficina postal da rúa do Franco, en Santiago de Compostela

    O comité de empresa denuncia que desde que a firma asumiu o servizo, o pasado mes de febreiro, foron constantes os atrasos no pagamento das nóminas. Porén, o que se está a producir agora é directamente o impagamento.

    A representación legal do persoal culpa da situación a «deficitaria» licitación do contrato por parte de Correos. Isto provocou que só se presentara a empresa gañadora e que nin sequera concorrese Sacyr, a que ata ese momento xestionaba o servizo. A proposta de Limpiezas Córdoba «era por baixo dos custos reais do mantemento das condicións e os salarios», denuncia o comité.

    Segundo explican os sindicatos CCOO, CIG e UGT, o pasado 1 de xuño a empresa comunicou que non aboaría os salarios porque «o contrato non cobre os gastos», polo que agora lles debe as nóminas de xullo e agosto aos 360 traballadores e traballadoras que prestan o servizo nas catro provincias galegas.