Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Maio 2025.

Folga en Teleperformance contra o ERE

    Este luns, o persoal de Teleperformance na Coruña sumouse á folga estatal contra o ERE que a empresa de centros de chamadas quere aplicar. A pretensión da compañía é despedir 310 persoas en todo o Estado, 38 delas na Coruña.

    18/09/2023.
    Xornada de folga na Coruña contra o ERE de Teleperformance

    Xornada de folga na Coruña contra o ERE de Teleperformance

    Teleperformance propón esta medida «insultante» contra as persoas traballadoras malia duplicar beneficios nos últimos anos.

    Para os sindicatos que forman o comité de empresa, o ERE non ten xustificación posible, polo que «non o imos permitir», aseguran. Segundo a súa visión, o obxectivo de Teleperformance é desfacerse de persoal e aumentar as marxes de ganancia empresarial.