Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais na Autoridade Portuaria de Vigo

    Acada unha maioría absoluta no comité de empresa ao obter cinco representantes dun total de nove.

    20/09/2023.
    Sede Autoridade Portuaria de Vigo

    Sede Autoridade Portuaria de Vigo

    Nas recentes eleccións sindicais celebradas na Autoridade Portuaria de Vigo, CCOO logrou unha vitoria contundente ao obter a maioría absoluta con cinco representanes elixidos no comité de empresa; consegue superar en apoios a suma dos votos de CIG e UGT.

    Agradecémoslle a todo o persoal a súa participación neste proceso e a confianza depositada en CCOO. Os resultados demostran o apoio e recoñecemento por parte dos traballadores e traballadoras ao noso labor e propostas sindicais.

    Comprometémonos a seguir loitando polos dereitos e melloras laborais de todos os empregados e empregadas da Autoridade Portuaria de Vigo. Así mesmo, queremos destacar o esforzo e dedicación de todos os candidatos e membros de CCOO nesta campaña electoral. O seu compromiso e o traballo en equipo foron fundamentais para alcanzar este resultado satisfactorio.

    Con esta vitoria, CCOO consegue ser o sindicato maioritario en Autoridade Portuaria de Vigo, contando cunha representación que defenderá con firmeza e compromiso os intereses dos traballadores e traballadoras. Ao mesmo tempo, recoñecemos o traballo realizado polos sindicatos CIG e UGT, cuxos delegados contribuirán ao diálogo e á procura de solucións conxuntas en beneficio do persoal.

    Seguiremos esforzándonos por garantir a equidade e a xustiza no ámbito laboral portuario.