Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 3 Maio 2024.

Continúan as mobilizacións na sanidade privada da Coruña

    Este mércores, 27 de setembro, continúan as mobilizacións en defensa dun convenio xusto no sector da sanidade privada da provincia da Coruña.

    27/09/2023.
    Concentración diante do hospital HM Rosaleda, en Santiago de Compostela (27/9/2023)

    Concentración diante do hospital HM Rosaleda, en Santiago de Compostela (27/9/2023)

    O calendario comezou o pasado 20 de setembro, diante do Hospital Quirón da Coruña, e hoxe o escenario foi o Hospital Rosaleda, en Santiago de Compostela. As próximas concentracións serán o 4 de outubro diante do Juan Cardona de Ferrol e o 11 diante o HM Modelo da Coruña.

    Actualmente, estase a negociar un novo convenio no que a patronal teima en non querer mellorar as condicións, incluso propoñendo quitar dereitos xa recoñecidos. As empresas limítanse a subir o salario ata o mínimo legal para os que menos cobran e, a cambio, suprimir a antigüidade ou deixar de cobrar todo o salario en caso de baixa médica.

    Os sindicatos CCOO, UGT e CIG esixen unha suba salarial de conformidade co aumento do custo da vida, unha redución da xornada anual —unhas duascentas horas superior ao Sergas—, a actualización dos permisos e o cobramento dos festivos traballados.