Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Maio 2024.

[Galicia Sindical] 28S: Día global de acción global polo dereito ao aborto

    O xoves, 28 de setembro, conmemórase internacionalmente o Día de acción global polo aborto legal, seguro e accesible. Por este motivo, editamos un novo número da publicación Galicia Sindical.

    27/09/2023.
    O último número da publicación Galicia Sindical céntrase na defensa do dereito ao aborto

    O último número da publicación Galicia Sindical céntrase na defensa do dereito ao aborto

    CCOO reivindica o aborto libre, seguro, gratuíto e na sanidade pública, en condicións de igualdade para todas as mulleres.

    Ante a ofensiva internacional da ultradereita e a dereita e tamén en España, somos e seremos belixerantes para reivindicar os avances normativos, especialmente no que se refire ás garantías de acceso a esta prestación.

    Por último, neste número da publicación Galicia Sindical tamén informamos da denuncia que presentamos ante a valedora do pobo pola pretensión da Xunta de Galicia de externalizar o dereito ao aborto, así como das mobilizacións previstas en Galicia para o xoves en defensa deste dereito.

    Documentación asociada
    Documentación asociada