Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 3 Maio 2024.

Mobilización en Ferrol por un convenio digno na sanidade privada

    Continúan as mobilizacións en defensa dun convenio xusto no sector da sanidade privada da provincia da Coruña. Este mércores, 4 de outubro, traballadoras e traballadores protestaron diante do Hospital Ribera Juan Cardona, en Ferrol.

    04/10/2023.
    Protesta do persoal da sanidade privada nas inmediacións do Hospital Juan Cardona de Ferrol

    Protesta do persoal da sanidade privada nas inmediacións do Hospital Juan Cardona de Ferrol

    O calendario comezou o pasado 20 de setembro e continuará a vindeira semana, o día 11, cunha concentración fronte ao Hospital HM Modelo da Coruña.

    Actualmente, estase a negociar un novo convenio no que a patronal teima en non querer mellorar as condicións, incluso propoñendo quitar dereitos xa recoñecidos. As empresas limítanse a subir o salario ata o mínimo legal para os que menos cobran e, a cambio, suprimir a antigüidade ou deixar de cobrar todo o salario en caso de baixa médica.

    Os sindicatos CCOO, UGT e CIG esixen unha suba salarial de conformidade co aumento do custo da vida, unha redución da xornada anual —unhas duascentas horas superior á do Sergas—, a actualización dos permisos e o cobramento dos festivos traballados.