Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

Os bombeiros dos parques comarcais endurecen as medidas de presión

    O sindicato censura o «desproporcionado» dispositivo policial montado ante a Deputación de Pontevedra e Ourense e culpa da situación a Xunta de Galicia e as Presidencias das catro Deputacións.

    24/10/2023.
    Manifestación en Santiago de Compostela dos bombeiros dos parques comarcais (13/7/2023)

    Manifestación en Santiago de Compostela dos bombeiros dos parques comarcais (13/7/2023)

    Para CCOO, o comportamento das Administracións Provincias e da Xunta é «irresponsable», xa que só se preocupou por facer declaracións «descualificadoras aos Bombeiros» no canto de dialogar para atopar unha solución.

    Os Bombeiros Comarcais de CCOO considera «indignante» que os Gobernos afectados, ignore os agravios que, con respecto a outras comunidades, están a sufrir os bombeiros comarcais galegos, mesmo cos seus compañeiros dos Concellos. O sindicato ve «lamentable» que quen foi elixido para defender os intereses lexítimos da cidadanía «permita ou mesmo dea a orde de mallar na rúa os seus bombeiros, que unicamente reclaman xustiza laboral e equidade salarial».

    Ante a gravidade da situación, CCOO esixe diálogo inmediato entre as partes, así como a convocatoria urxente do mesa de negociación.

    Os bombeiros dos parques comarcais de Galicia acordaro en asemblea, endurecer as medidas de presión. Toman a decisión tras o ‘plantón’ que recibiron por parte das catro Deputacións provinciais e da Xunta de Galicia.

    Os acordos adoptados polos bombeiros son a negativa a facer tarefas voluntarias —medida xa en marcha desde a convocatoria da folga— e a ratificación do dereito a secundar a folga que se convocou o 15 de xuño e aínda está en vigor —o comité de folga recomendara, por responsabilidade, non o facer.

    Tamén se aprobou un calendario de mobilizacións, con concentracións este mes de outubro os días 20 (fronte á Deputación de Pontevedra), 23 (Ourense), 27 (A Coruña) e 31 (Lugo). Ademais, o día 17 de novembro haberá unha manifestación que concluirá fronte á sede da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela); para a marcha pedirase a participación de profesionais chegados de distintos puntos do Estado.

    Por último, tamén se aprobou unha rolda de contactos cos grupos políticos e convocouse unha nova asemblea para o día 20 de novembro, na que se avaliará o efecto das medidas adoptadas. Precisamente, estas medidas só poderán ser modificadas nunha nova asemblea de persoal, conclúe o comité de folga.