Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

O sector de limpeza de edificios na provincia de Lugo segue en folga

    A folga indefinida comezou o 16 de outubro debido ao bloqueo das negociacións por parte das empresas. O luns, 23 de outubro, está prevista unha «performance de ferramentas de traballo» ás 11 h na praza Maior.

    22/10/2023.
    Protesta persoal sector limpeza provincia de Lugo

    Protesta persoal sector limpeza provincia de Lugo

    A folga indefinida convocada por Comisións Obreiras xunto a outras organizacións sindicais do sector da limpeza da provincia de Lugo continúa adiante. CCOO, UGT e CIG aseguran que o seguimento da folga é maioritario, a pesar dos servizos mínimos do 100 % nalgúns centros de traballo.

    A Federación do Hábitat de CCOO cualifica de «burla» que os responsables da patronal ASPEL senten a negociar o convenio colectivo cos sindicatos na provincia de Pontevedra e non o fagan na de Lugo, onde os traballadoras e traballadores levan tres días en folga para reclamar uns salarios e condicións de traballo dignos.

    ASPEL, Asociación Profesional de Empresas de Limpeza, está integrada polas principais empresas e grupos de empresas que compoñen o sector de limpeza de edificios e locais. Está presente en todo o territorio español. Son asociados: ACCIONA, ACTÚA, CLECE, FCC, EULER, SACIR, entre outras.

    CCOO anima a todo o persoal do sector a se sumar ás accións convocadas para desbloquear a negociación do convenio.

    Ligazón: O sector da limpeza de edificios mobilízase en toda Galicia por un convenio digno