Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Navantia Ferrol

    A candidatura presentada por CCOO volveu gañar as eleccións sindicais no estaleiro de Navantia en Ferrol, con sete delegados e delegadas dun total de 23, polo que ten o 30,43 % da representación total. O seguinte sindicato en representación foi MAS, con seis, e a seguir CGT e CIG —catro cada un— e a UGT con dous.

    25/10/2023.
    Manifestación do persoal de Navantia (21/6/2023)

    Manifestación do persoal de Navantia (21/6/2023)

    Nestas eleccións estaban chamados a votar 1555 traballadores e traballadoras, dos cales emitiron o seu sufraxio 1145, isto é, un 73,63 %.

    En todo o Estado, máis de catro mil empregados e empregadas de Navantia estaban chamados o martes a escolleren os seus representantes. Non obstante, o cadro de persoal de Navantia Fene aínda votará mañá xoves.