Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

CCOO chama a cidadanía para manifestarse por Palestina e para garantir a paz

    Concentracións o xoves, día 2 de novembro, ás 20:00 horas en Vigo (Farola de Urzáiz) e A Coruña (Obelisco).

    29/10/2023.

    URL | Código para insertar

    Desde CCOO mostramos a nosa solidariedade con Palestina e pedimos a fin do xenocidio.

    Facemos un chamamento á cidadanía para participar nesta convocatoria en apoio do pobo palestino da Franxa de Gaza, que sofre un ataque sen precedentes agravado pola ausencia de axuda humanitaria, coas persoas totalmente desprotexidas e sufrindo de forma constante os ataques de Israel.

    🗣 Polo respecto aos dereitos humanos, pola fin dos crimes de guerra e pola paz, concentracións o xoves, día 2 de novembro, ás 20:00 horas en Vigo (Farola de Urzáiz) e A Coruña (Obelisco).

    Ver máis: