Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais en Castromil (Grupo Monbus)

    CCOO gañou as eleccións sindicais na empresa Castromil (Grupo Monbus) no centro de traballo de Santiago de Compostela. A candidatura presentada por esta organización logrou tres representantes no comité fronte a dous da CIG.

    03/11/2023.
    Autobús de Castromil, empresa do Grupo Monbus

    Autobús de Castromil, empresa do Grupo Monbus

    Respecto a hai catro anos, a representación no comité non varía. Non obstante, CCOO salienta a gran suba en votos (un 16 %) ata situarse en 50, duplicando case os 26 da outra candidatura. Con estes resultados, Comisións ficou a só un sufraxio de obter o cuarto delegado no comité de empresa.