Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 3 Maio 2024.

Concentración en Ferrol contra o ERE en Einsa Print

    O persoal de Einsa Print nas Pontes mobilizouse este martes fronte á sede da Xunta en Ferrol. Arroupados por familiares e por compañeiros doutras compañías do mesmo grupo, amosaron o seu rexeitamento ao expediente de regulación de emprego (ERE) de extinción que presentou a empresa e que supón o despedimento de 162 persoas, entre a fábrica das Pontes e as oficinas de Madrid.

    07/11/2023.
    Concentración contra o ERE de Einsa Print

    Concentración contra o ERE de Einsa Print

    As traballadoras e traballadores esíxenlles ás Administracións que se impliquen para tratar de paliar os despedimentos nunha empresa que, destacan, recibiu numerosas axudas públicas nestes anos.

    Á tarde, o comité de empresa reuniuse en Santiago de Compostela coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.