Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO gaña de novo as eleccións sindicais en Alcoa

    Comisións Obreiras (CCOO) volveu gañar as eleccións sindicais na factoría de Alcoa en San Cibrao, na Mariña.

    17/11/2023.
    Protesta do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao contra os incumprimentos da SEPI

    Protesta do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao contra os incumprimentos da SEPI

    Após as votacións, que tiveron lugar os días 13 e 16 de novembro, a candidatura de CCOO recibiu 292 apoios (45,41% dos totais) e oito delegados e delegadas no colexio de especialistas, mentres que no de técnicos recibiu 47 votos (20,98%) e un delegado.

    Con estes resultados, CCOO aumenta a súa posición como primeiro sindicato na compañía, con 9 representantes no comité. En segundo lugar aparece a UGT, con 8 e en terceiro lugar a CIG, con 5. A candidatura CCP tamén conseguiu un representante.

    Hai catro anos, CCOO e CIG estaban igualados a 9 delegados —con moi poucos votos de diferenza—, mentres que a UGT tiña 5.

    O novo comité de empresa ten como principal reto a volta á actividade tras un período moi convulso en que se logrou xudicialmente tombar o ERE e impedir o peche.