Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Fandicosta presenta un ERTE para todos os centros de traballo

    Fandicosta presenta un ERTE en todos os seus centros de traballo, o que inclúe Vigo, Moaña e Vilagarcía de Arousa.

    30/11/2023.
    Planta de Fandicosta en Vigo | Foto: Fandicosta

    Planta de Fandicosta en Vigo | Foto: Fandicosta

    A primeira reunión será o vindeiro martes, día 5 de decembro, na fábrica de Domaio (Moaña). Será daquela cando a empresa lles entregue aos sindicatos unha copia da documentación necesaria, que inclúe a memoria explicativa coa que xustificar a medida, a duración temporal e o persoal afectado.

    Desde CCOO-Industria denuncian que a día de hoxe aínda non hai resposta por parte da Xunta de Galicia á petición de reunión formulada o pasado 17 de outubro, a raíz da entrada da empresa en preconcurso de acredores. Para o sindicato, non é comprensible este silencio cando a Administración autonómica conta cun 12 % do capital da compañía.