Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO gana as eleccións na empresa Arnoia Pontecaldelas-Pontevedra

    Consolídase como primeiro sindicato nas empresas de máis de 250 traballadores na comarca de Pontevedra. 

    06/12/2023.
    Mellor sindicato na Comarca de Pontevedra, empresas + 250 trab.

    Mellor sindicato na Comarca de Pontevedra, empresas + 250 trab.

    Arnoia Distribucións de Libros, despois de máis de trinta anos no sector, é unha das principais empresas en España. Iniciou a súa andaina en 1987 en Pontevedra; na actulidade está situada no Polígono da Reigosa cun cadro de persoal de 277 traballadores/as, polo que lle corresponde a elección dun comité de empresa de 13 membros.

    Desde 1994, a representación sindical na empresa foi exclusivamente da CIG; CCOO entrou no comité de empresa hai catro anos, con seis representantes. A CIG quedou con tres, dos nove que tiña anteriormente.

    Ano 2023

    No actual proceso electoral, ano 2023, só CCOO presentou candidaturas nos dous colexios electorais. A CIG non o logrou, xa que o persoal considerou moi positivo o traballo desenvolvido por CCOO nestes últimos catro anos. Así, ao ser a única candidatura formalizada, CCOO faise cos 13 delegados e delegadas que se elixían.

    Este resultado electoral consolida a CCOO como o sindicato maioritario nas empresas máis grandes da comarca de Pontevedra. 

    Delegados/as de empresas de máis de 250 traballadores/as

    Delegados/as para elixir nas dez empresas de máis de 250 traballadores/as na comarca de Pontevedra:

    Empresas N.º deleg
    SERGAS PONTEVEDRA 27
    Distribuciones FROIZ 25
    ABANCA 21
    DEPUTACIÓN PONTEVEDRA 21
    María Martínez CONTRACT 13
    ENCE 13
    CONCELLO DE PONT 13
    QUIRONSALUD 13
    ARNOIA 13
    CAIXABANK 13
    Total deleg. para elixir 172

    Así, dun total de 172 representantes elixidos nas grandes empresas da comarca, CCOO obtivo 57 , UGT 37, CIG 36 e outros sindicatos 42. Ademais, CCOO é o único sindicato que obtén representantes en todas estas empresas, namentres a UGT non o consegue en dúas e a CIG, en tres.

    CCOO agradece a confianza depositada nas nosas candidaturas e na acción sindical desenvolvida polo sindicato na comarca de Pontevedra, que recibe o apoio inequívoco dos sectores máis sindicalizados da clase obreira.