Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Maio 2024.

Resumo das axudas anuais a vítimas de violencia de xénero (fillos e fillas e superviventes)

    O Gabinete de Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia informa da publicación no DOG das bases que regulan a concesión das axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas por este motivo.

    14/12/2023.
    Axudas anuais a vítimas de violencia de xénero

    Axudas anuais a vítimas de violencia de xénero

    A quen vai dirixida?

    Cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2022, inclúe fillos e fillas (menores de 30 anos) e vítimas de violencia de xénero que resultasen gravemente feridas, que no momento dos feitos residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Que axudas recolle?

    Trátase dunha indemnización de axuda directa que inclúe dous tipos de persoas beneficiarias:

    — indemnización económica dirixida ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependan economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor;

    — indemnización dirixida ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requi­ran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

    No documento adxunto pódese consultar a información máis relevante canto aos requisitos e modo de solicitar estas axudas. O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e rematar o vindeiro 30 de novembro do 2024.