Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participou nunha actividade formativa na Coruña

    Amelia Pérez Álvarez deu unha charla formativa en materia de Dereito sindical que imparte Felipe Martínez Ramonde na Escola de Relacións Laborais da Coruña.

    16/12/2023.

    URL | Código para insertar

    Un ano máis, CCOO achégase á Coruña para participar na Escola Universitaria de Relacións Laborais. Alí, a secretaría xeral de CCOO de Galicia desenvolveu diante dos alumnos e alumnas do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos de ERLAC a importancia das organizacións sindicais de clase no noso país. 

    A Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña é un centro de formación, adscrito á Universidade da Coruña, cuxo obxecto fundamental é a promoción, sostemento e funcionamento dun Centro Universitario en Ciencias do Traballo, Recursos Humanos e Relacións Laborais. O obxectivo do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos é formar expertos no ámbito da organización do traballo, a xestión dos recursos humanos, lexislación laboral e facenda pública, así como xestores de políticas sociais; en definitiva, profesionais que se insiran nun equipo multidisciplinar, con polivalencia funcional e capacidade de adaptación ás novas tecnoloxías co fin de dar resposta aos novos desafíos do mundo do traballo.

    Amelia Pérez destacou o protagonismo que vén tendo CCOO como primeiro sindicato e organización social de España: «Temos que seguir tomando decisións valentes para romper con certos mantras que levan tempo instalados no mercado de traballo e que semellan inamovibles. Un claro exemplo foi o incremento do 47 % do salario mínimo interprofesional, que, segundo algúns, ía traer un cataclismo ao país. A realidade non foi esa», afirmou Amelia.