Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Maio 2024.

Constituída a Alianza Industrial do Hidróxeno Verde

    Onte, 21 de decembro, tivo lugar o acto de constitución da Alianza Industrial do Hidróxeno Verde, con participación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

    22/12/2022.
    Constituída a Alianza Industrial Galega do H2 Verde

    Constituída a Alianza Industrial Galega do H2 Verde

    A Alianza nace do apoio de máis de 700 entidades do mundo institucional, empresarial e sindical, entre elas CCOO, e ten como obxectivo que o país non quede atrás no desenvolvemento desta enerxía que supón unha oportunidade estratéxica para a industria produtiva, pero tamén para outros sectores como o transporte ou a loxística.

    Á reunión asistiron representantes de empresas que abarcan toda a cadea de valor que conforma a Asociación Galega do Hidróxeno (AGH 2), así como universidades, institucións e axentes sociais galegos.

    Ademais de tentar a produción de hidróxeno verde, a Alianza actuará sobre cinco eixos: deseñar a implementación de ferramentas específicas e instrumentos de apoio ao desenvolvemento do sector industrial do hidróxeno, identificar oportunidades, promover a formación especializada nas empresas, fomentar a investigación e o desenvolvemento de solucións innovadoras para a industria en torno ao hidróxeno verde e promover a necesidade de establecer a infraestrutura necesaria para a posta en marcha do corredor atlántico do hidróxeno co hidroducto Galicia-Norte de Portugal e a conexión de Galicia coa Meseta (Guitiriz-Zamora), e con Europa.