Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

CCOO rexeita que o BNG use con fins electoralistas as vítimas do amianto e subliña que o prioritario é que se faga xustiza

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia rexeita que o BNG use con fins electoralistas as vítimas do amianto e censura o pouco interese da organización nacionalista cara a este colectivo. Exemplo diso é que CCOO leva desde setembro agardando unha reunión co grupo parlamentario do Bloque para debater propostas que puidesen ser levadas á mesa do Parlamento.

    22/12/2023.
    CCOO leva moitos anos loitando polo recoñecemento ás vítimas do amianto

    CCOO leva moitos anos loitando polo recoñecemento ás vítimas do amianto

    Porén, o BNG rexistrou semanas atrás unha proposición non de lei na cámara autonómica que conta só coas propostas de Agavida e CIG. Para CCOO, isto é unha mostra de partidismo que deixa de lado gran parte da representación dos intereses das persoas afectadas e das súas familias.

    CCOO coida que o fundamental é que se faga xustiza coas vítimas das doenzas derivadas do amianto, as cales deben estar en todo momento no centro dos debates e das iniciativas, afastando calquera outro interese do foco.

    Atrasos constantes

    Desde hai meses, CCOO, xunto con UGT e a asociación Fedavica, levan traballando para instar o Goberno español a que remate o desenvolvemento regulamentario do fondo de compensación, un trámite necesario que leva preto dun ano de demora.

    Así mesmo, os sindicatos e a asociación de persoas afectadas esixen que as vítimas do amianto non sexan discriminadas respecto doutros colectivos de vítimas. Entre outras cuestións, as indemnizacións non deben estar suxeitas á tributación do IRPF, expoñen.