Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Os agasallos que Gonzalo Pérez Jácome non entregou aos traballadores e traballadoras do Concello de Ourense

    A representación de CCOO no Concello de Ourense informou dos dereitos que o alcalde «non entrega» ás persoas que traballan no Concello.

    06/01/2024.
    Gonzalo Pérez Jácome, Alcalde de Ourense

    Gonzalo Pérez Jácome, Alcalde de Ourense

    CCOO do Concello de Ourense informa de que a incapacidade do grupo de Goberno deixa o Concello:

    • Sen oferta de emprego dos anos 2022 e 2023 e baixo mínimo a varios servizos, como o de bombeiros.
    • O proceso de estabilización parado e decembro de 2024 é o prazo para finalizar todos os concursos.
    • A xornada laboral pendente da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza (gañada por CCOO en primeira instancia).
    • Os concursos e a promoción interna anquilosados en RRHH.
    • As sentenzas xudiciais sobre os complementos e o exceso horario sen aplicar para todos os bombeiros e policías locais.
    • As horas extras páganse con case un ano de atraso a todo o persoal do Concello.
    • Os bailes de traballadores, así como cesamentos e nomeamentos a dedo é a maneira de castigar o persoal.
    • O acoso laboral a traballadores/as e delegados/as neste 2023 foi o peor nos últimos anos.
    • A nova RPT, a carreira profesional e reclasificación de prazas é moito para o grupo de Goberno. Un dos incumprimentos de grupo de goberno máis flagrantes.
    • A saúde dos traballadores/as nunca lle importou e están sen facer as obras de protección contra o gas radon en varios servizos.
    • A climatización de varias oficinas non lle importa e non se instalou ningún aparello de aíre acondicionado nin de climatización.
    • A oficina de rexistro da ponte segue sen se arranxar, e mantén a cidadanía na beirarrúa ata que os traballadores lles abren a porta.
    • A oficina de rexistro da praza Maior, sen insonorización e falta de espazo para a cidadanía.
    • Jácome cárgase o teletraballo (período de alegacións), un dereito que se perderá grazas a el e ao PP,  se o apoia.