Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Maio 2024.

Convocadas as axudas e prestacións periódicas a mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus familiares

    O 2 de xaneiro de 2024, a Xunta de Galicia publicou as axudas e prestacións periódicas a mulleres vítimas de violencia de xénero e familiares.

    10/01/2024.
    Axudas ás mulleres vítimas de violencia e os seus familiares

    Axudas ás mulleres vítimas de violencia e os seus familiares

    Por unha banda, a resolución do 14 de decembro do 2023 aproba as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica a mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007.

    Pola outra, a resolución do 20 de decembro do 2023, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004.

    Ambas as dúas teñen xa aberto o prazo de solicitude, no primeiro caso ata o 31 de decembro e no segundo ata o 30 de novembro. Solicítanse por vía telemática a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

    Poden obter máis información consultando as propias resolucións —xúntanse a esta nota informativa— ou contactando co Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia (gabineteigualdade@galicia.ccoo.es).