Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Maio 2024.

Principio de acordo para desconvocar a folga dos bombeiros comarcais

    Representantes da mesa sindical de bombeiros (composta por CCOO, UGT, CIG, CSIF, USO e SIGBAL) e dos consorcios provinciais chegaron este xoves a un principio de acordo para desconvocar a folga que nos últimos meses afectou aos 24 parques comarcais.

    01/02/2024.
    Manifestación en Santiago de Compostela dos bombeiros dos parques comarcais (13/7/2023)

    Manifestación en Santiago de Compostela dos bombeiros dos parques comarcais (13/7/2023)

    No Consello Galego de Relacións Laborais, a Xunta de Galicia, as catro deputacións provinciais e os sindicatos asinaron un texto que prevé melloras nas condicións laborais deste colectivo profesional —salarios, horarios e reforzamento dos cadros de persoal, entre outros aspectos.

     No documento asinado prevese tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova relación de postos de traballo (RPT).