Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

O luns están chamadas á folga as 7600 persoas que traballan no sector financeiro en Galicia, máis de 152 000 en España

    A Federación de Servizos de CCOO informa que o próximo luns, 26 de febreiro, están chamadas á folga as máis de 152 000 persoas que traballan no sector financeiro español, das cales 7600 o fa nen Galicia: 4800 no aforro, 2600 na banca e 200 en cooperativas de crédito. Haberá un paro de dúas horas entre as 8 e as 10 da mañá, antesala da folga de vinte e catro horas prevista para o vindeiro 22 de marzo, data coincidente coa celebración das Xuntas de accionistas de Caixabank e Banco Santander.

    23/02/2024.
    Folga sector financeiro

    Folga sector financeiro

    Ademais do paro, en Galicia haberá concentracións entre as 8 e as 10 horas na Coruña (Cantón Pequeno, n.º 1) e en Vigo (García Barbón, n.º 1 e Policarpo Sanz, n.º 44).

    CCOO cualifica de «histórica» a convocatoria de folga no conxunto do sector, pois nunca antes se mobilizaran ao mesmo tempo a banca, o aforro e as cooperativas de crédito. «O luns atrasaremos dúas horas a nosa entrada ao traballo, mais avanzaremos tres anos para o futuro», advirten.

    O sindicato insta as cúpulas directivas dun sector —que bateu todas as súas marcas de beneficios— a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, co niso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal, fixar un límite sectorial e por empresa do tipo de xuro dos empréstimos, reducir a carga laboral e presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.