Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

CCOO consolida os resultados nas eleccións sindicais entre o persoal funcionario e laboral da Deputación de Ourense

    23/02/2024.
    Eleccións sindicais na Deputación Provincial de Ourense

    Eleccións sindicais na Deputación Provincial de Ourense

    No día de hoxe, venres 23 de febreiro de 2024, estaban chamados a participar nas eleccións sindicais do persoal da Deputación:

    - 214 funcionarios e funcionarias para elexir aos 9 membros da Xunta de Persoal

    - 48 laborais do colexio de técnicos e administrativos, para elixir 2 membros do Comité de Empresa

    - 432 laborais do colexio de especialistas e non cualificados, para elixir 15 membros do Comité de EmpresaTotal delegados a elixir entre o persoal funcionario e laboral 26 (9 funcionarios e 17 laborais).

    Logo do reconto realizado, confirmase que CCOO segue sendo o sindicato de clase máis votado polos traballadores/as da deputación provincial de Ourense.

    Primeiro, agradecerlle a todo o persoal da deputación provincial de Ourense, a súa participación nestas eleccións sindicais, e de xeito moi particular aos/as que votaron ás candidaturas de CCOO. 

    Segundo, destacar que, CCOO conseguiu incrementar a súa representatividade, obtendo 5 delegados no persoal laboral (4 no colexio de especialistas) e 2 no persoal funcionario, ao obter 6 delegados/as dos 26 delegados/as que se elixiron en total. Con estes resultados CCOO consolida e mantén, unha vez mais, a súa posición como primeiro sindicato de clase tanto no persoal laboral como no persoal funcionario da deputación provincial de Ourense.

    Quedan retos moi importantes por abordar tales nos próximos 4 ano tales como, negociar a implantación da carreira profesional ao longo do ano 2024; negociar unha nova RPT global; negociar a redución da xornada máxima anual; negociar concursos de traslados anuais, para favorecer a mobilidade voluntaria do persoal de todo o persoal; negociar a promoción interna para todos os grupos, corpos e escalas; negociar un novo acordo regulador e un novo convenio colectivo que revise o actual e recupere dereitos perdidos no ano 2012.Pero o noso compromiso é levalos a cabo desde a coherencia sindical, a perseveranza nas mesas de negociación e estando ao dispor de todo o persoal do organismo provincial para dar solucións tamén as cuestións cotiáns que vaian xurdindo.