Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Novembro 2024.

Ferrol homenaxeou as máis de 900 vítimas do franquismo na comarca

    Ferrol homenaxeou o sábado, 24 de febreiro, as máis de 900 vítimas mortais do franquismo na comarca. No parque Antón Varela, situado no barrio de Canido, descubriuse un monumento na súa memoria realizado polo escultor Manuel Patinha. A este acto acudiu unha representación tanto da Comisión Executiva Nacional de CCOO como da Fundación 10 de Marzo.

    27/02/2024.
    Memorial elaborado polo escultor Manuel Patinha

    Memorial elaborado polo escultor Manuel Patinha

    A escultura de Patinha identifica as vítimas cos seus nomes e apelidos, algo que foi sempre «o obxectivo primordial» das persoas e colectivos que integran a Comisión Pro Memorial, que agora culminan un traballo de varios anos.

    A iniciativa partiu de Vicente Couce —xa falecido—, un dos coñecidos como «curas vermellos», quen convocou unha asamblea pública para dar os primeiros pasos da iniciativa que finalmente cristalizou o pasado sábado.

    Xa o pasado ano, o 28 de abril, o Teatro Jofre acollía un acto de homenaxe ás vítimas que incluíu a proxección de fotografías e a intervención de varios especialistas na historia da comarca e a represión franquista, entre outras actividades.

    Como primeiro paso, previo á construción do Memorial, o Concello de Ferrol publicou na súa web a lista nominal de vítimas, elaborada e revisada por especialistas.

    Comisión Pro Memorial

    Suso Basterrechea López

    Antonio Blanco Carballo

    Vicente Couce Ferreira  (impulsor do Monumento, falecido no 2022)

    Sabela Díaz Regueiro

    Anxo Ferreiro Currás

    Anxo González Vilariño

    Maria do Mar López González

    Bernardo Máiz Vázquez

    Xavier Montero Dongil

    Nerea Purriños Carballeira

    Iván Rivas Rico

    Malay Sobrín Sueiras