Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Xullo 2024.

CCOO denuncia que Salvamento Marítimo quere usar os dispositivos ‘home morto’ para evitar cumprir o convenio

    A sección sindical de Comisións Obreiras en Salvamento Marítimo (Sasemar) denuncia que se quere utilizar os dispositivos ‘home morto’ nos centros de coordinación para consolidar as gardas en solitario. CCOO lembra que o vixente convenio colectivo para o persoal de terra esixe un mínimo de persoal en cada garda, para garantir tanto o servizo como a seguridade e a saúde das persoas traballadoras. Segundo o sindicato, Sasemar quere usar estes dispositivos para consolidar gardas en solitario, o que significaría incumprir o dito convenio.

    01/03/2024.
    CCOO reclama persoal para os centros de coordinación de Sasemar

    CCOO reclama persoal para os centros de coordinación de Sasemar

    Tras varios anos «gardada nun caixón», a idea de implantar estes dispositivos volve agora ver a luz «froito da présa pola actual situación nos centros de coordinación de Sasemar», sinala CCOO, onde está habendo quendas de garda con menos persoal do fixado no convenio.

    CCOO insta novamente a dirección de Salvamento Marítimo a adoptar medidas que realmente garantan que «en caso ningún haxa un único traballador ou traballadora facendo unha garda».