Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

CCOO organiza unha xornada no marco da 17.ª edición de Previsel

    Un ano máis, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participará en Previsel, salón da prevención e a saúde laboral. O evento terá lugar os días 13 e 14 de marzo no recinto de Expourense.

    08/03/2024.
    CCOO participa na 17.ª edición de Previsel

    CCOO participa na 17.ª edición de Previsel

    CCOO realizará unha xornada informativa no marco desta edición do salón. Será o mércores, día 13 de marzo, en horario de 10 a 14 horas, titulada «Desde o primeiro día: a seguridade é o primeiro». Intervirán como relatoras Manuela Caneda, técnica do Gabinete de Saúde Laboral de CCOO de Galicia; Roberto Garrido, responsable de Saúde Laboral de CCOO de Ourense e Armando Iglesias, secretario de Saúde Laboral de CCOO de Galicia.

    Toda a programación desta 17.ª edición de Previsel pódese consultar na páxina web do evento.