Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Información sobre o complemento de paternidade nas pensións

    Novo número da publicación CCOO Informa, nesta ocasión sobre os requisitos que han cumprir os homes para solicitar o complemento de paternidade nas pensións.

    11/03/2024.
    Novo número da publicación CCOO Informa

    Novo número da publicación CCOO Informa

    Que é o complemento de maternidade por achega demográfica nas pensións da Seguridade Social?

    É un complemento económico (entre un 5% e un 15%, segundo os casos) que se engade á contía da pensión que percibe a persoa que accede a unha pensión contributiva de xubilación, viuvez ou incapacidade permanente. Desde maio de 2023 o complemento poden percibilo de maneira simultánea ambos proxenitores.

    Non se pode percibir no caso de xubilacións parciais e anticipadas debidas á vontade exclusiva da persoa pensionista.

    Que requisitos deben cumprir os homes para solicitar o complemento de maternidade?

    Ademais de ser titulares dunha pensión contributiva de xubilación ordinaria ou forzosa, viuvez ou incapacidade permanente, deben cumprir os seguintes requisitos:

    — Que a pensión se recoñecera entre o 1 xaneiro de 2016 e o 3 de febreiro de 2021.

    — Ter dous fillos/as ou máis. En función diso, establécese un incremento da pensión en segundo o número de fillos/as: un 5% por dous, un 10% por tres e un 15% por catro ou máis.

    Que prazo hai para reclamar o complemento?

    Unha sentenza do Tribunal Supremo de marzo de 2024 establece que a solicitude se pode facer en calquera momento desde que se recoñece a prestación porque o complemento, como parte da pensión, non está suxeito a ningún prazo de prescrición.

    En diferentes ámbitos xurídicos entendese que o complemento só se poderá solicitar ata decembro de 2024 que é cando se cumpren os 5 anos da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que recoñece o dereito a reclamalo. 

    Pódense reclamar danos e prexuízos se non conceden o complemento?

    O Tribunal Supremo estableceu en 1.800 euros a indemnización que o INSS deberá pagar aos homes aos que denegou o complemento, de conformidade cunha sentenza do TXUE, entendendo que resulta obrigado establecer unha indemnización para compensar os danos e prexuízos sufridos.

    Documentación asociada
    Documentación asociada