Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Maio 2024.

A Federación de Pensionistas e Xubilados presenta en Vigo un libro sobre o envellecemento activo

    O pasado 27 de febreiro presentouse na sala Folga do 72 de CCOO en Vigo o libro editado pola Federación de Pensionistas de CCOO, Educación para la salud. La prevención y el conocimiento, pilares fundamentales para el envejecimiento activo.

    13/03/2024.
    Un momento do acto de presentación do libro

    Un momento do acto de presentación do libro

    O acto presentouno Montserrat Carrera, secretaria xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo, e contou coas intervencións de Juan Sepúlveda, secretario xeral da Federación estatal de Pensionistas e Xubilados de CCOO; Xoan Carlos Aneiros, secretario de Organización e Finanzas da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia; e o xerontólogo Miguel Anxo Álvarez González, colaborador coa Federación de Pensionistas de CCOO en distintos libros e xornadas.

    O libro trata sobre a prevención e o coñecemento como piares fundamentais para que tanto persoas maiores sas como as que sofren algún tipo de enfermidade ou discapacidade teñan máis saúde e vivan mellor.