Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

Concentración na Coruña para esixir medidas que protexan o persoal da inspección de pesca marítima

    Comisións Obreiras convoca esta semana en diversas cidades do Estado mobilizacións para esixir «medidas eficaces» que protexan o persoal da inspección de pesca marítima. En Galicia haberá unha concentración mañá venres, día 15, ás 11 horas, fronte á Delegación do Goberno (A Coruña). O sindicato lembra que este persoal «arrisca a súa vida» en cada traslado marítimo ou aéreo, abordaxe ou inspección. Por este motivo, reclama unha mellora das condicións e a ampliación do número de efectivos.

    14/03/2024.
    Persoal do servizo de inspección de pesca marítima

    Persoal do servizo de inspección de pesca marítima

    Entre as eivas con que se atopan para realizar o seu traballo están os «escasos» medios técnicos, falta de formación e realización do seu cometido en situación de «enorme risco físico». Ademais, reclámase o recoñecemento profesional —coa igualdade salarial e a adecuación do salario— á dispoñibilidade horaria que esixe o traballo e á súa «alta especialización», subliña CCOO.

    O colectivo está formado en toda España por 124 profesionais do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, que leva anos esixindo unha «avaliación específica de riscos laborais das súas tarefas», que consisten na inspección e o control en portos e que se desenvolven en embarcacións de diversa tipoloxía. «Esta avaliación é indispensable para establecer un plan de formación específico e dotar o persoal de equipos de protección individual que minimicen o risco de accidentes laborais», incide CCOO.