Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

O comité de empresa de Alcoa-San Cibrao pide unha reunión «urxente» coas Administracións

    O comité de empresa de Alcoa-San Cibrao pide unha reunión «urxente» coas Administracións tras coñecer o último comunicado da empresa no que sementan dúbidas sobre a viabilidade.

    20/03/2024.
    Pancarta esixindo solucións para Alcoa San Cibrao | Fonte: Arquivo CCOO

    Pancarta esixindo solucións para Alcoa San Cibrao | Fonte: Arquivo CCOO

    Na dita reunión, o comité quere información sobre todas as reunións entre as Administracións —Xunta e Goberno de España— e a multinacional, así como o alcance destas.

    Tamén queren fixar unha postura común de cara á reunión do vindeiro 4 de abril e pedir a creación dunha mesa técnica para «evitar máis aprazamentos» sobre a «situación crítica» do depósito de lodos vermellos e a dos parques eólicos que deberían fornecerlle enerxía á planta.

    Doutra banda, o comité lamenta que a comunicación de Alcoa lle chegase con poucos minutos de diferenza que ao conxunto do cadro de persoal, unha maneira de actuar que coidan «pouco seria» por parte da empresa.