Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2024.

Mobilizacións para a mellora das condicións laborais de todo o persoal de Inditex

    Comisións Obreiras (CCOO), sindicato maioritario en Inditex, convocou este venres mobilizacións para esixir a mellora das condicións de traballo de todo o persoal do grupo. En Galicia, a protesta tivo lugar en Vigo, ás 12 horas, diante da tenda de Zara da rúa do Príncipe.

    22/03/2024.
    Concentración en Vigo de traballadoras de Inditex

    Concentración en Vigo de traballadoras de Inditex

    CCOO reprocha a falta de avances nas negociacións malia os «beneficios récord» da compañía, que declarou 5381 millóns de beneficios, un 30 % máis. 

    O sindicato xa conseguiu equiparar en todo o grupo os salarios, o sistema de comisións e axudas sociais, pero quere seguir homologando as condicións de traballo a través de diversas mesas de ámbito estatal: prexubilacións, reducións de xornada, recoñecemento da experiencia na empresa —prima de vinculación—, protección da saúde laboral, complemento de antigüidade, plan de igualdade ou sistema de incentivos, entre outras cuestións.