Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Folga e manifestación na Coruña pola recuperación do poder adquisitivo en DXC Technology

    As seccións sindicais de Comisións Obreiras (CCOO) e outras organizacións convocaron en todo o Estado folga e mobilizacións pola recuperación do poder adquisitivo en DXC Technology, empresa multinacional de consultoría e tecnoloxía da información. En Galicia, a mobilización foi este venres na Coruña, onde houbo unha manifestación desde o Obelisco.

    22/03/2024.
    Manifestación do persoal de DXC Technology na Coruña (22/3/2024)

    Manifestación do persoal de DXC Technology na Coruña (22/3/2024)

    A compañía dá emprego en todo o Estado a unhas 7500 persoas e presta servizos ás principais empresas do sector bancario, enerxético e Administracións públicas: Abanca, Evo Banco, Zurich, Mango, MRW, EDP, Carrefour, Caixabank e boa parte do Ibex-35.

    Segundo os sindicatos, a inflación provocou unha desvalorización dos salarios de ata o 17 % nos últimos tres anos. Polo de agora, as propostas da empresa «están extremadamente afastadas» do que pide a parte social. A situación «contrasta coa presentación de ingresos récord ano tras ano», sinalan os representantes das persoas traballadoras.

    Por este motivo e ante a falta de acordo diante do servizo de mediación e arbitraxe (SMAC), os sindicatos convocaron varias xornadas de folga en toda España.