Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 30 Abril 2024.

Os sectores Industriais de Vigo mobilizarase o 11 de abril contra a sinistralidade laboral

    As federacións de industria de CCOO, UGT e CIG convocan unha manifestación en Vigo o vindeiro 11 de abril contra a sinistralidade laboral no sector. «Non máis mortes no traballo», claman as organizacións sindicais tras os últimos sinistros con resultado de morte.

    03/04/2024.
    Manifestación en Vigo o 11 de abril contra a sinistralidade laboral

    Manifestación en Vigo o 11 de abril contra a sinistralidade laboral

    A marcha convocada polos sindicatos para o vindeiro 11 de abril partirá ás 19 horas do cruzamento da Vía Norte coa rúa de Urzáiz e rematará diante da Delegación da Xunta de Galicia.

    Dous falecidos en marzo

    O pasado 14 de marzo, un traballador faleceu no estaleiro San Enrique (antigo Vulcano) tras unha caída en altura. Esa morte no centro de traballo xa provocara a reacción sindical cunha concentración o día seguinte e unha manifestación ata a sede da Xunta.

    Só unha semana despois, o día 17, un operario de Fernández & Comesaña perdeu a vida como consecuencia das lesións sufridas tras ser golpeado na cabeza por un guindastre.

    Situación no sector naval

    CCOO, CIG e UGT levan moito tempo reclamando maiores medidas de seguridade para o sector naval, xa que as empresas e a Xunta «foron baixando a garda constantemente», ata o punto de que a mesa sectorial estivo máis dunha década sen ser convocada.

    Desde o falecemento dun traballador da industria auxiliar a finais do 2022, os sindicatos redobraron a presión sobre a Xunta de Galicia, logrando hai poucos meses a convocatoria da mesa do naval e o compromiso de elaborar un informe que analice as causas da sinistralidade.