Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

Axudas de accesibilidade en e ás vivendas

    O último número do CCOO Informa resume as características, requisitos e prazo de presentación para optar ás axudas de accesibilidade en e ás vivendas.

    25/03/2024.
    Axudas para a accesibilidade das vivendas

    Axudas para a accesibilidade das vivendas

    Esta liña de axudas subvenciona a instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade.

    Tamén subvenciona a instalación ou dotación de produtos de apoio, sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso.

    Outras actuacións susceptibles de financiamento son a instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso; a instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno; a instalación de elementos ou dispositivos electrónicos como videoporteiros; a instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior; ou a instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos.

    O prazo de presentación de solicitudes destas axudas será dun mes contado desde o 22 de marzo de 2024 salvo que antes se esgote o crédito orzamentario.

    Toda a información no documento anexo a esta nota informativa.

    Documentación asociada
    Documentación asociada