Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

SOS Sanidade Pública concentrouse diante do Parlamento de Galicia

    A Plataforma SOS Sanidade Pública, da cal forma parte CCOO, concentrouse ao mediodía deste venres, 12 de abril, diante do Parlamento de Galicia para esixir a defensa do sistema sanitario público.

    12/04/2024.
    Concentración de SOS Sanidade Pública fronte ao Parlamento de Galicia (12/4/2024)

    Concentración de SOS Sanidade Pública fronte ao Parlamento de Galicia (12/4/2024)

    Así mesmo, ás 12:30, a Plataforma rexistrou na sede da Cámara autonómica un escrito dirixido ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Sanidade en funcións para esixir a posta en marcha das 13 medidas urxentes presentadas por SOS Sanidade a comezos de ano.

    Con estas propostas, a Plataforma quere «poñer fin ao sufrimento da poboación» que ten unha «gran dificultade» para acceder aos centros de saúde, carece en moitas localidades de servizo de pediatría ou soporta listas de espera «inaceptables, manipuladas e ocultadas polo propio Sergas». Precisamente, a concentración terá lugar cadrando co Día Internacional da Atención Primaria, que se conmemora o 12 de abril.

    SOS Sanidade Pública tamén denuncia a privatización de servizos públicos sanitarios, para os cales esixe a súa total reversión ao sistema público, citando entre eles o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.