Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 30 Abril 2024.

Folga en oficinas e despachos da provincia de Pontevedra do 16 ao 19 de abril

    O convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra leva máis de doce anos paralizado, deixando máis de 6000 persoas —maioritariamente mulleres— nunha situación de precariedade cos salarios conxelados.

    16/04/2024.
    Folga no sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra

    Folga no sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra

    O pasado 6 de xullo logrouse abrir unha mesa de negociación que, tras varios meses, acabou sendo bloqueada pola patronal, que, para chegar a un acordo, pretendía impoñer como condición a eliminación do concepto de antigüidade.

    Como consecuencia das asembleas e da anulación da última reunión —prevista para o 12 de abril—, CCOO e UGT convocan catro xornadas de folga, comezando por este martes, 16 de abril, e continuando os días 17, 18 e 19.

    Tamén se concentrarán en Vigo o xoves, día 18, ás 19:30, fronte á sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra.