Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Maio 2024.

O persoal de Abanca mobilízase para esixir melloras laborais

    CCOO, UGT e SIB-SF convocaron este venres mobilizacións diante das oficinas de Abanca na rúa Nova (A Coruña) e de Recoletos (Madrid) para exir melloras para o persoal en materia de horarios, salario, condición de traballo e clima laboral.

    19/04/2024.
    Concentración do persoal de Abanca na Coruña

    Concentración do persoal de Abanca na Coruña

    Ata o momento, a entidade bancaria négase a mellorar o horario se, a cambio, non aumenta «considerablemente» o número de persoas con horario disponible para a empresa —que en compensación non tería melloras retributivas.

    Canto ao incremento salarial tampouco houbo acordos con Abanca, nin tampouco no relativo ás petición para mellorar o clima laboral —principalmente cambios na forma de traballar e dirixir.