Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Maio 2024.

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entrega o venres os Premios Primeiro de Maio

    A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entrega o venres, día 26, os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade.

    24/04/2024.
    Premios Primeiro de Maio

    Premios Primeiro de Maio

    Este ano, as persoas homenaxeadas son:

    Rosario Pérez Graña. Sindicalista de CCOO procendente de El Corte Inglés, onde foi a responsable da sección sindical ao longo de 30 anos. No seo do sindicato exerceu diferentes responsabilidades tanto a nivel federal coma territorial.

    Benxamín Rocha Coladas. Participa das reivindicacións estudantís e nas mobilizacións en solidariedade coas folgas obreiras de Ferrol e Vigo de 1972 especialmente. Formou parte do sindicato comarcal do Ensino e da Comisión Executiva de CCOO de Vigo. Segue colaborando con CCOO.

    Nicolás Sartorius Álvarez. Militante histórico de CCOO. Detido e condenado en varias ocasións na dictadura franquista con motivo da súa postura política. Foi un dos detidos imputados no conocido como Proceso 1001 e tamén un dos fundadores das CCOO. Infatigable loitador a prol da democracia e da liberdade, segue comprometido cos mesmos valores, colaborando en diferentes publicación onde salienta a labor do Sindicato na consecución do estado de benestar que gozamos.