Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 7 Maio 2024.

O persoal de Abanca segue con mobilizacións para esixir melloras laborais

    CCOO, UGT e SIB-SF convocaron este venres novas mobilizacións diante da oficina de Abanca na rúa Nova, n.º 30 (A Coruña), para esixir melloras para o persoal en materia de horarios, salario, condicións de traballo e clima laboral.

    26/04/2024.
    Mobilización diante da oficina de Abanca na rúa Nova da Coruña

    Mobilización diante da oficina de Abanca na rúa Nova da Coruña

    Ata o momento, a entidade bancaria négase a mellorar o horario se, a cambio, non aumenta «considerablemente» o número de persoas con horario dispoñible para a empresa —que en compensación non tería melloras retributivas.

    Canto ao incremento salarial, tampouco houbo acordos con Abanca, nin tampouco no relativo ás peticións para mellorar o clima laboral —principalmente cambios na forma de traballar e dirixir.