Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Xullo 2024.

CCOO denuncia unha «reconversión encuberta» do sector do automóbil financiada con fondos europeos

    O sindicato comarcal de CCOO-Industria de Vigo denuncia unha «reconversión encuberta» do sector do automóbil financiada con fondos europeos. Esta é a principal conclusión dunha asemblea que tivo lugar esta semana e na cal participaron un cento de delegada se delegados sindicais.

    24/05/2024.
    Un momento da asemblea convocada por CCOO-Industria en Vigo

    Un momento da asemblea convocada por CCOO-Industria en Vigo

    Para CCOO, os fondos Next Generation UE son «imprescindibles» para contribuír ao cambio de modelo na automoción e axudar á transformación e adaptación aos novos sistemas produtivos.

    Porén, o sindicato coida «inadmisible» que se utilicen estas axudas para fabricar en países extracomunitarios, caso de Marrocos, coa consecuente perda de emprego ou peche de empresas.

    Aposta pola proximidade

    CCOO fai unha aposta polos provedores de proximidade no sector da automoción e chama a pór en valor e reforzar o tecido industrial da comarca. Isto contribuirá a reducir a pegada de carbono, pero tamén lle facilitaría a Stellantis unha «capacidade única no mundo» para adaptarse ás subas e baixadas de producións, ademais dunha fiabilidade «demostrada»: ningún provedor da comarca provocou paradas na factoría de Balaídos.